Noticias e alertas

Dodro inicia a licitación para a compra dunha furgoneta 🚙 O concello de Dodro ven de publicar na Plataforma de Contratación do ...

19/04/2024

Dodro inicia a licitación para a compra dunha furgoneta 🚙



O concello de Dodro ven de publicar na Plataforma de Contratación do Sector Público do Estado a licitación para a adquisición dunha furgoneta, vehículo de seis prazas, multifuncional, destinada a substuír un vehículo que xa ten máis de 30 anos.

Así o goberno local inicia a renovacion da flota de vehículos, que non tivo mellora algunha nos últimos anos. Os servizos do concello e os veciños verán as vantaxes que supón este cambio na eficiencia do servizo e na economía.

A licitación sae por un importe, impostos incluídos, de 45.000 euros, financiados por fondos da Deputación da Coruña, mediante o POS+ Adicional 2023.

A data de remate para a presentación de ofertas é o vindeiro 3 de maio do 2024 ás 23:59 horas. 📅



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies