Noticias e alertas

📕 O concello de Dodro quere conmemorar o Día do libro achegando a lectura á veciñanza en colaboración cos hostaleiros do pobo na...

18/04/2024

📕 O concello de Dodro quere conmemorar o Día do libro achegando a lectura á veciñanza en colaboración cos hostaleiros do pobo na iniciativa CAFELIBROS



Media ducia de locais recibiran da biblioteca un préstamo de libros 📕 durante quince días. Lecturas variadas e para todas as idades, en galego e castelán, que os hostaleiros poderán ofertar aos seus clientes. Os propietarios só teñen que responsabilizarse do coidado dos libros. Ao remate da experiencia avaliarase a acollida e desenvolvemento da actividade e valorarase a súa continuidade ao longo do ano. 📅



En esta edición de CAFELIBROS colaboran os seguintes locais de hostalería de Dodro: Casa Buela (Imo), Casa Pancho (Vigo), Café-Bar Da Silva (Tallós), Café-Bar Caprichos (Lestrobe), Café-Bar Trébol (Lestrobe) e Restaurante Café Bar Xuncos (Imo).



O concello de Dodro cre que se trata dun bo xeito de fortalecer o amor pola lectura e a cultura ademais de dar a posibilidade á hostalería de probar a ofrecer un servizo distinto. Trátase dunha iniciativa que facilita o acceso á literatura e mesmo impulsa a conversa.



O Día do libro celebrase o 23 de abril e a data conleva tamén o Día dos dereitos de autor. En esta data faleceron destacados escritores como Cervantes, Shakespeare, Garcilaso de la Vega e foi escollida pola UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) co fin de fomentar a lectura, recoñecer a figura do/a autor/a e procurar o fortalecemento da industria editorial de cada país.



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies