Noticias e alertas

O Goberno Local de Dodro absolto de novoO goberno de Dodro volveu a saír...

23/11/2022

O Goberno Local de Dodro absolto de novo



O goberno de Dodro volveu a saír absolto de prevaricación tras outra acusación do portavoz do Partido Popular na oposición Valentín Alfonsín Somoza. O auto de rexeitamento, contra o que non cabe máis recurso, coñecérono as persoas implicadas esta semana de mans dos avogados.

Os membros da Xunta de Goberno Local do Concello de Dodro intégrana: o alcalde Xabier Castro Tourís xunto cos tenentes de alcalde Ramón Abuín Gómez, Xoán Xosé Vicente e Xoán Bautista Mariño asistidos pola secretaría intervención tamén denunciada. Os concelleiros do goberno na XGL víronse obrigados a defenderse ante o que sempre consideraron actuacións legais como membros do goberno de Dodro.



Os feitos denunciados sobre un expediente urbanístico polo concelleiro na oposición Valentín Alfonsín Somoza nunca foron sospeitosos de seren ilegais e nunca os concelleiros e secretaría actuaron ou actúan de mala fe como quedou demostrado xa no xulgado de instrucción de Padrón. Aínda así en setembro de 2022 o líder da oposición apelou diante da Audiencia Provincial dicindo que “si existen indicios racionales de criminalidad” tal e como di o documento da Audiencia na páxina 4.

Finalmente a audiencia provincial ratifica a Resolución en 1ª instancia dicindo literalmente “ LA SALA ACUERDA la DESESTIMACIÓN del recurso de apelación interpuesto por don VALENTÍN ALFONSÍN SOMOZA contra el auto de fecha 24 de agosto de 2022 dictado por el Juzgado de Instrucción núm. 2, en las diligencias previas núm. 351/2021. “



Xa non é a primeira, nin a segunda denuncia que fai o líder da oposición a este goberno. A primeira, extensísima e detallada, pero con tan pouco -ningún- fundamento que a fiscalía a arquivou e nin chegou aos Xulgados. Isto proba que Valentín Alfonsín Somoza desde a oposición segue ancorado na mentira e nas denuncias facendo gastarlle recursos e cartos ao goberno de Dodro que así non se poden destinar a outros fins municipais.







Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies