Noticias e alertas

📣📣𝐄𝐍𝐓𝐑𝐎𝐈𝐃𝐎 𝐄𝐍 𝐃𝐎𝐃𝐑𝐎O Concello de Dodro celebra este ano o...

07/02/2023

📣📣𝐄𝐍𝐓𝐑𝐎𝐈𝐃𝐎 𝐄𝐍 𝐃𝐎𝐃𝐑𝐎

O Concello de Dodro celebra este ano o Entroido con dúas actividades, a primeira, denominada “𝐄𝐧𝐭𝐫𝐨𝐢𝐝𝐨 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥” consistirá nunha proposta lúdico pedagóxica dirixida á infancia de entre 6 e 12 anos, que se desenvolverá o luns e o martes de carnaval, 𝟐𝟎 𝐞 𝟐𝟏 𝗱𝗲 𝗳𝗲𝗯𝗿𝗲𝗶𝗿𝗼, 𝗲𝗻𝘁𝗿𝗲 á𝘀 𝟭𝟬.𝟯𝟬 𝗲 𝗮𝘀 𝟭𝟯.𝟬𝟬 𝗵𝗼𝗿𝗮𝘀, 𝗻𝗮 𝗖𝗮𝘀𝗮 𝗱𝗮 𝗖𝘂𝗹𝘁𝘂𝗿𝗮. Lugar onde, os días 13 e 14 de febreiro, as familias deberán inscribir ás/ós menores que desexen participar nesta iniciativa.

A segunda será, “𝐄𝐧𝐭𝐫𝐨𝐢𝐝𝐨 𝐜𝐡𝐨𝐪𝐮𝐞𝐢𝐫𝐨”, a cal terá lugar o 𝗺𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀, 𝟮𝟮 𝗱𝗲 𝗳𝗲𝗯𝗿𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗽𝗼𝗹𝗮 𝘁𝗮𝗿𝗱𝗲, á𝘀 𝟭𝟳.𝟬𝟬 𝗵𝗼𝗿𝗮𝘀, 𝗻𝗼 𝗦𝗼𝘂𝘁𝗼 𝗱𝗮 𝗮𝗹𝗱𝗲𝗮 𝗱𝗲 𝗥𝗲𝗯𝗼𝗶𝗿𝗮𝘀, no caso de choiva trasladarase ao pavillón municipal de deportes. Actividade para o desfrute do conxunto da poboación que incluirá un espectáculo de animación musical, premios aos mellores disfraces, sorteo dunha cesta de produtos de Carnaval entre o público asistente e degustación popular das “orellas” doces, típicas destas datas.



O Concello de Dodro convida a toda a veciñanza a participar e conservar esta celebración tradicional.







Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies