Noticias e alertas

Pleno ORDINARIO correspondente ao mes de maio do 2024

13/05/2024

O pleno de Dodro reclamou que se atendan as alegacións contra Altri



Longa sesión, de case tres horas, a do pleno ordinario de Dodro correspondente ao mes de maio e que se levou a cabo na noite de este xoves.

A intención da portuguesa Altri de instalar unha celulosa en Palas de Rei foi un dos asuntos destacados xa que centrou dúas das mocións en sentidos opostos. A de Unidade Veciñal de Dodro pedía que as distintas Consellerías implicadas estimen as alegacións presentadas polos distintos colectivos, entre eles o propio Concello de Dodro. Foi aprobada cos 6 votos a favor de PSdeG, UVD e BNG, votando en contra os outros 5, concelleiros de Xente de Dodro e Partido Popular.

A segunda moción foi presentada polo PP e pedía nun primeiro punto o apoio para a planta de Altri e, nun segundo acordo, instaba á Xunta de Galicia a dar prioridade ao proxecto. A moción foi rexeitada cos 6 votos en contra de PSdeG, UVD e BNG e 5 a favor de XD e PP.

SAF e Casa do Regadío

O PSdeG presentou unha moción na que reclama da Xunta de Galicia o financiamento completo do Servizo de Axuda no Fogar por ser, da súa competencia. Foi aprobada cos 6 votos a favor de PSdeG, UVD e BNG, e 5 en contra de XD e PP.

O BNG presentou unha moción para que o concello busque nas administracións os recursos necesarios para rehabilitar a Casa do Regadío co fin de que poida albergar actividades. Desde o equipo de goberno lembrouse que se está á espera da resolución dunha axuda solicitada no anterior mandato con este fin. A moción foi aprobada cos votos a favor de toda a Corporación excepto os tres concelleiros de Xente de Dodro que votaron en contra.

Outros temas

O pleno aprobou tamén, coas únicas abstencións de Xente de Dodro, unha moción do Partido Popular solicitando a elaboración dun protocolo de actuación para previr e responder á situacións de acoso de calquera tipo que se puideran dar no concello. Por outra banda saíu adiante unha moción de Unidade Veciñal de Dodro para solicitar á Deputación a construción dunha senda peonil na DP-3302 desde a Casa do Concello ata a Igrexa de Laíño. O Grupo de goberno do PSdeG-PSOE recordou neste punto que leva dende o ano 2019, loitando por este proxecto, e mantendo conversas coa Deputación para conseguilo.

A sesión aprobou ademais un recoñecemento extraxudicial de crédito e ratificou dúas resolucións da alcaldía sobra a aprobación de dous convenios de colaboración, en materia de emprego, cos concellos de Rois e Padrón. A aprobación destes convenios en materia de emprego recibiron , do mesmo xeito que todo os puntos do pleno, os votos en contra da agrupación política Xente de Dodro o que motivou as críticas do alcalde ante a falta de colaboración en temas de tanta importancia para a veciñanza.

O pleno completo pode visualizarse no seguinte enlace:





Celebración do TERCEIRO pleno ORDINARIO do ano do Concello de Dodro.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies