Noticias e alertas

Representantes do Grupo da Diócesis de Sevilla que participarán na Peregrinación da Pastoral Xuvenil Europea ó próximo mes de Xu...

21/05/2022

Representantes do Grupo da Diócesis de Sevilla que participarán na Peregrinación da Pastoral Xuvenil Europea ó próximo mes de Xullo mantiveron una reunión con D. Xabier Castro Tourís, alcalde , e D. Francisco Lampón Curra, responsable da Unidade Pastoral de Dodro, no concello para ultimar os detalles das súas pernoctas no noso municipio, tamén estiveron o Presidente da Asociación Manuel Mariño Nin e o Vicepresidente e Arcipreste de Postmarcos de Abaixo D. Manuel A. Villar, ambos en representación da Asociación de Amigos do Camiño De Santiago do Barbanza e Sar A Orixe.



Dodro lles permitira transitar polo “camiño vello”, desfrutar de los Hórreos de A Lavandeira ( do s. XVIII), do cruceiro de “Avelan”, das Ermidas de San Amaro, e da Ermida da Leite, das Igrexas paroquiais de San Xían de Laiño e Santa María de Dodro, ambas do século XVIII, do Pazo de Tarrío, do Pazo de Lestrove, e tamén do “Pazo dos Hermida” que se constituíu como tal en 1580, cando o primeiro Luaces, comprou a Igrexa as dúas torres de Lestrove, esas torres que con as de Catoira serviran varios siglos atrás como defensa diante das incursións que os vikingos e normandos prodigaban por as rías, e que eles denominaban “terra de Jacob».



Bo camiño.



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies