Noticias e alertas

📣𝐄𝐒𝐓Á𝐍 𝐀 𝐑𝐄𝐀𝐋𝐈𝐙𝐀𝐑𝐒𝐄 𝐀𝐒 𝐎𝐁𝐑𝐀𝐒 𝐃𝐄 𝐌𝐄𝐋𝐋𝐎𝐑𝐀 𝐃𝐀...

01/02/2023

📣𝐄𝐒𝐓Á𝐍 𝐀 𝐑𝐄𝐀𝐋𝐈𝐙𝐀𝐑𝐒𝐄 𝐀𝐒 𝐎𝐁𝐑𝐀𝐒 𝐃𝐄 𝐌𝐄𝐋𝐋𝐎𝐑𝐀 𝐃𝐀 𝐒𝐄𝐆𝐔𝐑𝐈𝐃𝐀𝐃𝐄 𝐕𝐈𝐀𝐑𝐈𝐀 𝐄𝐍 𝐄𝐈𝐑Ó

🚧Nunha lonxitude de 375 m. e 4,00 m de ancho medio, así como 100 m2. de sobreanchos e abanicos, preténdese a mellora do firme do viario coa dotación dunha nova capa de rodadura de 6 cm de mestura bituminosa, previa reparación de baches e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

Prevese a execución de 370 m. de senda peonil de 1,80 m. de ancho, cun firme de

15 cm de zahorra artificial e 15 cm de formigón en formación de pavimento, previas

demolicións precisas de entradas e a apertura de sobreanchos.

Baixo esta senda colocaranse 370 m. de tubo de Ø400 mm. para canalización de augas pluviais, con execución de 8 pozos de rexistro e a colocación de 12 arquetas con sumidoiro para a recollida das augas. Ademais prevese a canalización de 135 m. para alumeado público, con 3 arquetas asociadas.

Ascende o Presuposto Base de Licitación (IVE incluído) á cantidade de SETENTA E DOUS MIL CENTO TRINTA E CINCO EUROS con TRES CÉNTIMOS (72.135,03 €).

#TraballandoPorDodro















Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies