17/11/2023
Rehabilitación don CPI Eusebio Lorenzo Baleirón
O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Dodro, Xavier Castro, supervisou o resultado das obras de rehabilitación do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón.
As obras que están practicamente rematadas supuxeron un investimento de 1,4 millón de euros. Unha actuación que supuxo a rehabilitación integral de todo o edificio.
O obxectivo final foi mellorar a eficiencia enerxética e a comodidade dos usuarios. Renoouse toda a envolvente do edificio que inclúe desde as fachadas, ás cubertas ou a carpintería. Substituíronse tamén todas as luminarias e habilitáronse novas ramplas e pasamáns co finde mellorar a accesibilidade.
Na actualidade estase rematando coa construción dunha pérgola na zona de acceso que substitúe a existente entre o edificio de primaria e secundaria. A obra tamén contempla actuacións no interior do inmoble, coa reforma dos aseos de primaria e coa renovación da biblioteca actuando para que os espazos sexan máis iluminados e ventilados e renovando o chan.
Toda a obra encaixa no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Xunta de Galicia que ten como obxectivo principal impulsar novos espazos escolares “máis innovadores, sostibles e confortables, acordes cos novos retos de futuro da educación.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies