Noticias e alertas

ASI NON Desde o concello lembramos que existe un punto limpo móbil que pasa por...

30/11/2023

ASI NON



Desde o concello lembramos que existe un punto limpo móbil que pasa por todo o concello para recoller os residuos voluminosos. Deixalos na rúa, aínda que sexa ao carón dun contedor, non é a mellor forma de coidar a imaxe do concello.



Podedes chamar a Coregal para saber cando pasará o punto limpo ou comunicar que ides a deixar un voluminoso para que vos informen do que tedes que facer. Si xa estaba na casa non pasa nada porque estea uns días máis e axudades a coidar o pobo.



A continuación tedes as vindeiras datas e os lugares de recollida do punto limpo móbil, así como o teléfono de información.



Recollida de: Aceite de cociña usado, latas contaminadas (pinturas e vernices), Lámpadas e tubos fluorescentes, electrónica, informática e teléfonos móbiles, pequenos electrodomésticos, pilas e baterías, tóner de impresora.



-Semana do 4 de decembro a 10 de decembro PAVILLÓN POLIDEPORTIVO

-Semana do 11 de decembro a 17 de decembro IGREXA DE DODRO

-Semana do 18 de decembro a 24 de decembro CAMPO DE CHENLO

-Semana do 26 de decembro a 31 de decembro TRAXEITO

-Semana do 2 de xaneiro a 7 de xaneiro IMO

-Semana do 8 de xaneiro a 14 de xaneiro BEXO

-Semana do 15 de xaneiro a 21 de xaneiro TEAIO

-Semana do 22 de xaneiro a 28 de xaneiro LESTROBE



Recollida de voluminosos (colchóns, móbeis, chatarra, electrodomésticos...) a domicilio :

Chamando a COREGAL, teléfono 981838908











Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies