Noticias e alertas

Acto de entrada na Real Academia Galega de Anxo Angueira Desde o concello de Dodro convidamos á veciñanza a acompañar ao noso ...

24/04/2024

Acto de entrada na Real Academia Galega de Anxo Angueira



Desde o concello de Dodro convidamos á veciñanza a acompañar ao noso



benquerido Anxo en esta acto institucional.



O evento terá lugar o vindeiro sábado

27 de abril. A cita no Auditorio de Padrón ás doce do mediodía.



Anxo Angueira dará un discurso que leva por título “I es a luz i es a aurora. A poética da luz en Rosalía de Castro”, ao que lle dará resposta en nome da institución a académica Chus Pato.



O académico electo compaxina a súa faceta literaria e investigadora cun intenso activismo cultural dende diversas frontes. Membro fundador da asociación Redes Escarlata (2001) e coordinador dos premios de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón do Concello de Dodro e Rosalía de Castro do Concello de Padrón.



Sobresae o seu labor á fronte da fundación da autora, período no que se acometeu a reforma museolóxica da Casa de Rosalía situada na Matanza, Padrón.



Unha xornada moi especial para un dos nosos veciños máis senlleiros e na que convidámosvls a participar .

Desde o goberno municipal transmitímoslle os nosos parabén e estaremos na xornada acompañándoo e apoiándoo.



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies