Noticias e alertas

Presentamos a programación do Día das Letras Galegas 📆

06/05/2024

Presentamos a programación do Día das Letras Galegas 📆

Desde o concello convidamos a toda a veciñanza a participar nas actividades que ao longo de todo o mes celebraremos para conmemorar o Día das Letras Galegas. Poesía, fotografía que nos activa a memoria, monicreques ou contacontos son algunhas das citas que propoñemos.



Día 16, 17.30 horas, na Casa da Cultura de Dodro 📚

Contacontos a cargo de Iolanda Eiras. “Fogar de cores” ten como obxectivo fomentar o uso a lingua galega pero tamén visibilizar os distintos tipos de familia que hai na sociedade actual. Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia



Día 17, 17.30 horas no o CPI de Dodro ✍️

O gañador do XXXVI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, Manuel López Rodríguez, presentará a obra vencedora “As palabras do sur”. Estará acompañado por un representante da editorial Chan da Polvora, encargada do deseño e impresión do poemario, ademais de representantes municipais, familiares e veciños. O público asistente recibirá como agasallo un exemplar do libro premiado e desfrutará dun evento amenizado con música e poesía.



Martes 21 📷

Inaugurarase a exposición fotográfica "Escenas da memoria de Dodro". Esta mostra reúne imaxes antigas da vida comunitaria do municipio e estará accesible ao público de luns a venres, entre ás 9.00 e as 14.00 horas na Casa do Concello.



Venres 24, 17.30 h, na Casa da Cultura

Representación da obra "Isaura e Tristán. Contastorias" de Inacio Vilariño de Fantoches Baj. Trátase dunha peza teatral de monicreques, para público familiar, baseado no traballo de Luísa Villalta “As chaves do tempo". Unha novela de ficción histórica que se corresponde co último libro da autora homenaxeada co Día das Letras Galegas deste 2024.

Este espectáculo pertencente ao programa de actuacións da Rede Cultural da Deputación da Coruña. O Concello de Dodro celebra deste xeito o seu compromiso coa lingua e cultura galega, ampliando e diversificando a oferta cultural no noso idioma e fomentando o uso do mesmo.



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies