Noticias e alertas

A Deputación da Coruña pon en marcha os campamentos deportivos de verán, destinados a nenos/as empadroados nun concello da provi...

08/05/2024

A Deputación da Coruña pon en marcha os campamentos deportivos de verán, destinados a nenos/as empadroados nun concello da provincia da Coruña, nacidos entre o 1 de xaneiro do 2010 e o 31 de decembro de 2015. 🏄‍♂️🏉🏃‍♂️⚽

A cota da inscrición é de 85 € (cando a praza estea confirmada).

O Concello de Dodro ten concedidas 3 prazas na 1ª quenda (do 23 ó 28 de xuño). O prazo de inscrición será ata o 28 de maio. Estas realizaranse no rexistro do Concello de Dodro.

Para obter información dirixirse ó Departamento de Deportes, 981.80.25.32 / deportes@dodro.gal . 💌

Teñen prioridade os nenos e nenas que nunca asistiran á campaña de verán. No suposto de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas realizarase un sorteo público diante da secretaria do concello para adxudicalas.

Para poder descargar o tríptico informativo coa ficha de inscrición

picar no seguinte enlace: https://www.dodro.gal/c/document_library/get_file?uuid=bb2e41e9-4ec0-4716-87b5-2a3d8d3f3af2&groupId=12226



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies