Noticias e alertas

📣📣O Concello de Dodro no Festival Internacional 𝑨𝑻𝑳Á𝑵𝑻𝑰𝑪𝑨 de...

16/06/2022

📣📣O Concello de Dodro no Festival Internacional 𝑨𝑻𝑳Á𝑵𝑻𝑰𝑪𝑨 de narración oral.

O Festival Atlántica vén de anunciar este mércores o programa completo da súa décima edición, que se vai celebrar entre o 𝟑𝟎 𝐝𝐞 𝐱𝐮ñ𝐨 𝐞 𝐨 𝟗 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐥𝐥𝐨 . A presentación tivo lugar nunha rolda de prensa na que participaron 𝐀𝐧𝐱𝐨 𝐋𝐨𝐫𝐞𝐧𝐳𝐨 , secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia; 𝐗𝐮𝐫𝐱𝐨 𝐂𝐨𝐮𝐭𝐨, deputado de Cultura da Deputación da Coruña, 𝐌𝐞𝐫𝐜𝐞𝐝𝐞𝐬 𝐑𝐨𝐬ó𝐧 , concelleira de Acción Cultural do Santiago de Compostela; e 𝐒𝐨𝐥𝐞𝐝𝐚𝐝 𝐅𝐞𝐥𝐥𝐨𝐳𝐚, directora de Atlántica.

❗Destacou Felloza ao 𝑪𝒐𝒏𝒄𝒆𝒍𝒍𝒐 𝒅𝒆 𝑫𝒐𝒅𝒓𝒐 pola nova incorporación ao certame e polos lugares escolidos para as actuacións, as eiras da malla, vellos lugares de traballo comunal e de compartir contos entre os veciños.

Acudiron á presentación na 𝐂𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐝𝐚 𝐂𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚 os concelleiros de Cultura e Patrimonio 𝐗𝐨á𝐧 𝐗𝐨𝐬é 𝐕𝐢𝐜𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐅𝐫𝐚𝐧𝐜𝐨 e de Deportes e Educación 𝐀𝐛𝐞𝐥 𝐓𝐚𝐫𝐫í𝐨 𝐀𝐛𝐮í𝐧.















Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies