Noticias e alertas

📣📣 O martes 10 de xaneiro, o concelleiro de Educación, Deportes e Emprego, 𝐀𝐛𝐞𝐥 𝐓𝐚𝐫𝐫í𝐨 𝐀𝐛𝐮í𝐧 e o concelleiro de Cultura e Patrim...

18/01/2023

📣📣 O martes 10 de xaneiro, o concelleiro de Educación, Deportes e Emprego, 𝐀𝐛𝐞𝐥 𝐓𝐚𝐫𝐫í𝐨 𝐀𝐛𝐮í𝐧 e o concelleiro de Cultura e Patrimonio, 𝐗𝐨á𝐧 𝐗𝐨𝐬é 𝐕𝐢𝐜𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐅𝐫𝐚𝐧𝐜𝐨, mantiveron unha reunión co 𝐒𝐞𝐜𝐫𝐞𝐭𝐚𝐫𝐢𝐨 𝐗𝐞𝐫𝐚𝐥 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐨 𝐃𝐞𝐩𝐨𝐫𝐭𝐞 𝐝𝐚 𝐗𝐮𝐧𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚, 𝐉𝐨𝐬é 𝐑𝐚𝐦ó𝐧 𝐋𝐞𝐭𝐞 𝐋𝐚𝐬𝐚, a terceira de representantes do Concello de Dodro en dous anos, para estudar a posibilidade de cofinanciamento da 𝗿𝗲𝗽𝗮𝗿𝗮𝗰𝗶ó𝗻 𝗱𝗮 𝗰𝘂𝗯𝗲𝗿𝘁𝗮 𝗱𝗼 𝗽𝗼𝗹𝗶𝗱𝗲𝗽𝗼𝗿𝘁𝗶𝘃𝗼 𝗺𝘂𝗻𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗹, que se encontra en mal estado despois de máis de 25 anos da súa instalación.

O orzamento da memoria valorada, feita en outubro do 2022 polo Estudio Técnico contratado polo concello para estes traballos, alcanza os 𝟏𝟐𝟖.𝟏𝟑𝟗,𝟕𝟗 €.

A proposta que se presentou incluía a inversión 𝐩𝐨𝐫 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐞 𝐝𝐨 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐃𝐨𝐝𝐫𝐨 a cargo da totalidade do POS+2023 de 𝟓𝟓.𝟑𝟕𝟗,𝟏𝟕 €, un 43,2%, e solicitaba que a Secretaría Xeral para o Deporte asumira 𝟕𝟐.𝟕𝟔𝟎,𝟔𝟐 €, un 56,8%, porcentaxe inferior ao asumido pola Secretaría Xeral para o Deporte nos convenios firmados nos últimos anos por este departamento con varios concellos para inversións deste tipo.

A proposta de Dodro 𝐟𝐨𝐢 𝐫𝐞𝐱𝐞𝐢𝐭𝐚𝐝𝐚 polo Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e remitiunos a unhas subvencións de concorrencia competitiva que ían sacar, 𝐧𝐮𝐧 𝐟𝐮𝐭𝐮𝐫𝐨, para este tipo de inversións municipais.

O concello de Dodro como calquera concello pequeno ten moitas dificultades para afrontar un investimento desta magnitude por si só, seguirá buscando unha solución a unha instalación fundamental no deportivo e no social ante a 𝐧𝐞𝐠𝐚𝐭𝐢𝐯𝐚 𝐝𝐚 𝐗𝐮𝐧𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐆𝐚𝐥𝐢𝐜𝐢𝐚 á 𝐜𝐨𝐥𝐚𝐛𝐨𝐫𝐚𝐜𝐢ó𝐧.

#SeguimosTraballando

#DodroDeportes



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies