09/03/2023
O pasado 3 de febreiro, os cursos de 1º e 2º de primaria do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón fixeron unha visita a casa do concello de Dodro dentro do seu proxecto 𝐎 𝐍𝐎𝐒𝐎 𝐂𝐎𝐍𝐂𝐄𝐋𝐋𝐎 “𝐃𝐎𝐃𝐑𝐎”, onde coñeceron as súas instalacións e tamén ao persoal que alí traballa, incluído unha visita ao despacho do alcalde.
Fixo de guía como nunha visita anterior do alumnado do CRA de Dodro 𝐀𝐛𝐞𝐥 𝐓𝐚𝐫𝐫í𝐨, o concelleiro de Educación, Deporte e Emprego do concello de Dodro.
A visita rematou cun 𝐩𝐥𝐞𝐧𝐨 𝐢𝐧𝐟𝐚𝐧𝐭𝐢𝐥, onde os pequenos concelleiros e concelleiras propuxeron ideas e melloras para o noso municipio que deixaron por escrito en forma de debuxos.
Podedes ver o vídeo da actividade no seguinte enlace:
https://drive.google.com/file/d/114OLed39cTlKUWhPvcnOUumXUaBD9gd_/view
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies