Noticias y alertas

O Banco de Alimentos Rías Altas colabora desde hai tempo co concello de Dodro e ven de entregar a Servizos Sociais un novo paque...

03/05/2024

O Banco de Alimentos Rías Altas colabora desde hai tempo co concello de Dodro e ven de entregar a Servizos Sociais un novo paquete de axudas. 🆘 🍲

Os servizos sociais seguen así as instrucións dadas desde o Banco de Alimentos e concretado no documento "información sobre recursos sociais".

O departamento de servizos sociais de Dodro forma parte da lista de Organizacións Asociadas de Reparto (OAR)no marco do programa operativo do Fondo de Axuda Europea para as persoas máis desfavorecidas (FEAD 2023).

No caso de Dodro serán 10 unidades familiares as beneficiarias neste reparto. Trátase de familias que fixeron a solicitude no ano 2023. Estas unidades familiares están compostas por un total de 28 persoas. 🥙

O Banco de Alimentos Rías Altas é unha organización sen ánimo de lucro, recoñecida oficialmente e que funciona grazas a colaboración desinteresada de voluntarios. O obxectivo é recuperar excedentes e distribuílos entre as persoas máis desfavorecidas da provincia da Coruña. 🥫



Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies