Noticias e alertas

O concello de Dodro ven de abrir o proceso de selección para a contratación laboral temporal de 1 peón/peoa forestal e 1 enxeñei...

03/05/2024

O concello de Dodro ven de abrir o proceso de selección para a contratación laboral temporal de 1 peón/peoa forestal e 1 enxeñeiro/a de montes durante 9 meses e a xornada completa. 🌲🌲🌲



Os candidatos deberán estar en situación de desemprego. O sistema de selección será mediante oferta na Oficina de Emprego Santiago Norte e posterior oposición. A selección realizarase de entre os candidatos/as remitidos/as pola mencionada oficina. ☘️☘️☘️



No suposto que no período de duración do contrato tivese lugar a baixa dalgún/ha traballador/a, o concello, sempre que sexa posible, non procederá a iniciar un novo proceso de selección, senón que se chamará ao seguinte candidato/a que figurase mellor

valorado. 🌳🌳🌳



Entre os temas sobre os que versará a oposición está o coñecemento da orografía de Dodro, a Lei de Montes de Galicia ou a Lei de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, ou a Lei do solo de Galicia ademais de tratamentos silvícolas ou tratamentos para as principais especies arbóreas.



As bases completas están xa a disposición dos candidatos/as na sede electrónica do concello de Dodro, no seguinte enlace https://sede.dodro.gal/sxc/es/informacion/tablon/2024/ANUNCIO_PROG_20240503130012606.html



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies