Noticias e alertas

Este xoves temos pleno ás oito da tarde. Ademais da habitual dación de contas dos decretos de alcaldía, informes económicos e as...

13/03/2024

Este xoves temos pleno ás oito da tarde. Ademais da habitual dación de contas dos decretos de alcaldía, informes económicos e asuntos varios, e a aprobación das actas de sesións anteriores, trataranse os seguintes asuntos:

Convenio de colaboración co concello de Padrón para a solicitude de subvención e xestión compartida para a pavimentación do camiño feira dos Porcos á EDAR de Padrón.

Convenio colaboración cos concellos de Rois e Catoira para a xestión compartida dos servizos de orientación laboral, ao abeiro da subvención da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, para a contratación de persoal técnico.

Aprobación, se procede, da ordenanza de administración electrónica do concello.

Elección Xuíz / Xuíza de Paz titular.

Renuncia se procede do investimento para o saneamento de Cancela Abrea, or maior achega provincial.

Mocións ordinarias e urxentes, rogos e preguntas.



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies