Noticias e alertas

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL CON MOTIVO DO 8 DE MARZO DE 2024 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Conmemoramos este 8 de Marzo, Día Intern...

08/03/2024

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL CON MOTIVO DO 8 DE MARZO DE 2024 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER



Conmemoramos este 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, reafirmando o noso compromiso coa igualdade de xénero en todos os espazos da vida política e social.

Asumimos, xunto co resto dos concellos galegos, a necesidade de avanzar cara a unha representación paritaria de mulleres e homes nas locais. Nesa liña, estanse a dar pasos moi importantes, pero aínda non suficientes, como é ter pasado nestes últimos vinte anos de dezaoito alcaldesas no ano 2003 a setenta e unha alcaldesas no ano 2023, o que supón un 22% dos concellos galegos.

No caso das concelleiras a porcentaxe ascende ao 40%. E nas deputacións provinciais o 36 % son deputadas fronte ao 64% de deputados. As catro presidencias das deputacións contan todas elas con presidentes. Estas cifras reflicten que as mulleres seguen estando infrarrepresentadas nos espazos máis importantes de toma de decisións do eido local.

As mulleres seguen a padecer máis dificultades que os homes para desenvolver a súa actividade política nos concellos e nas deputacións, espazos políticos aínda moi masculinizados, como tamén sucede na participación social local. Aínda así, en ambos casos se están dando importantes avances nos liderados femininos tanto no número de alcaldesas, concelleiras e deputadas provinciais, como nas asociacións veciñais, de nais e pais, de organizacións ecoloxistas e culturais.

Dende Dodro, e os concellos galegos, se recoñecen estes avances en reforzo de todo o labor que aínda queda por desenvolver ata conseguir que os concellos galegos sexan espazos onde a igualdade sexa unha realidade; abordando tanto as barreiras estruturais como as actitudes e percepcións que perpetúan a discriminación, e garantindo que todas as persoas accedan as mesmas oportunidades.





Neste período ata as próximas eleccións municipais teñen que seguir dándose pasos cara a igualdade, polo que nos comprometemos a:



 Promover a participación activa das mulleres na vida política e social local, mediante accións de sensibilización, capacitación e fomento do liderado feminino que permitan acadar a paridade nas corporacións e nas alcaldías.

 Incorporar a perspectiva de xénero en todas as nosas políticas e programas, garantindo que se tomen en conta as necesidades e realidades específicas de mulleres e nenas nas nosas accións.

 Aplicar medidas para garantir a igualdade salarial e de oportunidades no emprego, promovendo a participación equitativa de mulleres en todos os niveis e sectores laborais.

 Impulsar campañas de prevención e sensibilización contra a violencia de xénero, dando apoio integral ás mulleres vítimas e traballando na erradicación da violencia machista.



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies