Allariz calcula que aproveita, con reciclaxe ou compostaxe, o 40 % dos residuos que xera

11/11/2020

Línea Verde

info@lineaverdemunicipal.com

O Concello de Allariz está divulgando o seu modelo de recollida e compostaxe de residuos orgánicos en distintos foros e xornadas dedicadas a esta temática, aínda que pola situación sanitaria, actualmente celébranse de forma virtual. En outubro, o Concello de Allariz participou nas xornadas sobre biorresiduos organizadas por Lipor, servizo municipal de xestión de residuos do Gran Porto. O 4 de novembro, o técnico da área de Medio Ambiente participou no foro virtual da asociación estatal Composta en Rede. O concelleiro da área, Bernardo Varela, participará este mércores 11 de novembro no foro de economía circular Sierra de Cádiz, que organiza a mancomunidade de municipios desa zona e a Deputación provincial. 

Son encontros sobre compostaxe ou reciclaxe de residuos nos que Allariz expón o seu modelo, para crear compost a partir da xestión de residuos orgánicos, desenvolvido nos últimos anos. No ano 2016 instaláronse 25 illas de compostaxe no municipio. Para dar a coñecer o programa, fixéronse campañas de educación ambiental, porta a porta, nos centros educativos e nas parroquias rurais.

Aos veciños entregáronselles caldeiros para depositar os residuos orgánicos e folletos informativos. En pouco tempo, segundo o Concello, a veciñanza estaba a usar os composteros a bo ritmo, utilizando os puntos de recollida de restos de poda, á vez que tamén aumentaba a recollida nos colectores amarelos, de envases,  e nos iglús destinados ao vidro. O Concello de Allariz calcula que actualmente pode estar a aproveitar, mediante reciclaxe ou compostaxe, o 40 % dos residuos que se xeran no municipio. O concelleiro Bernardo Varela valora esta evolución pero matiza que aínda queda moito por facer e por aprender do intercambio de experiencias con outros lugares.

O Concello repartiu 300 composteros individuais. O programa creceu cun novo proxecto, iniciado no 2018, de recollida de residuo orgánico na hostalería, que funciona porta a porta, igual que a recollida de vidro. Para poder levalo a cabo, o Concello adquiriu unha camioneta de tamaño adaptado ás estreitas rúas do centro histórico e con plataforma elevadora para subir os colectores marróns.

Unha vez recollido o residuo e convertido en compost, este destínase como abono orgánico ás explotacións agrogandeiras, xardíns e hortos urbanos. Para o Concello de Allariz, este modelo é un exemplo de sistema de economía circular pois ese abono creado naturalmente a partir da inicial separación de materia orgánica nas vivendas termina axudando á produción ecolóxica de alimentos que se venden en mercados de proximidade.

LA VOZ DE GALICIA

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies