Arteixo creará unha escola de agricultura ecolóxica en Monticaño

26/11/2020

Línea Verde

info@lineaverdemunicipal.com

O Concello de Arteixo proxecta a creación dunha escola municipal de agricultura ecolóxica, que sirva tanto para formación profesional, xuvenil e de adultos. O plan está actualmente en fase de redacción e a súa localización atópase dentro do parque de Monticaño, en cuxo recinto se atopa un edificio que será sometido a reforma, ademais dun invernadoiro. «Está previsto tamén construír galpóns e casetas de madeira para almacenar ferramentas e maquinaria», apuntan desde o Concello de Arteixo. A escola de formación ocupará unha das seis hectáreas da superficie total do parque forestal de Monticaño.

A memoria de actuacións a realizar encargouse á empresa Ecoinvest, que definirá as reparacións e reformas necesarias no edificio e invernadoiro existentes, así como a definición das novas construcións. Esta asistencia técnica ten un custo de 10.600 euros. A memoria tamén definirá os custos do proxecto, que se prevén próximos aos 300.000 euros. Este investimento irá a cargo dos Fondos Feder europeos, posto que no documento que serviu a Arteixo para pedir as axudas europeas existe unha liña destinada a financiar accións relacionadas coa agricultura ecolóxica cun orzamento total de 525.000 euros. O custo da escola irá con cargo a esa partida.

Aínda que a curto prazo o obxectivo deste proxecto é o de pór en marcha un centro de formación en agricultura ecolóxica e tratamento de flora en xeral, a intención do goberno locais é xerar postos de traballo non só coa rama ecolóxica do proxecto senón tamén coa formación dun equipo propio de xardinería e mantemento de zonas verdes en todo o municipio.

Arteixo dispón de  8.333hectáreas de chan rústico, o que supón o 22 % do total da área da Coruña, tomando os límites da comarca que aparecen en Instituto Galego de Estatística, e que inclúen a Arteixo, Abegondo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada. Das 37.724 hectáreas de chan rústico destes nove concellos xuntos, máis dunha quinta parte corresponden a Arteixo. Doutra banda, dos case 100 quilómetros cadrados de superficie do concello, o 46,53% da superficie está dedicada a usos forestais e o 31,11 % a usos vinculados á agricultura.

LA VOZ DE GALICIA

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies