Noticias e alertas

O deporte de base de Dodro segue colleitando éxitos e participacións máis alá...

08/04/2024

O deporte de base de Dodro segue colleitando éxitos e participacións máis alá do noso concello e ben orgullosos que estamos.

Bruno Rey participou no Campionato Galego de Judo disputado en Lugo conseguindo unha meritoria medalla de bronce na categoría de menos de 38 kg infantil.



Noa Ruzo desprazouse ó Pavillón das Travesas de Vigo para participar no Control clasificatorio Copas de España e conseguiu, co equipo Junior do Club Maniotas, a clasificación para o Campionato Nacional de Idade Escolar.



Samuel Iglesias, Sheila Agrasar e Esperanza Rial desprazáronse a Cazalegas en Toledo para disputar o LIV Campionato de España JJPP Cadete 5000 co Club de Piragüismo As Torres Romería Vikinga e co Club Náutico Pontecesures respectivamente.



Parabéns polos vosos éxitos e moito ánimo para continuar con forza!!























Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies