03/06/2026
Fin de Semana de Mulleres de Dodro 2026 💜
Entre os días 29 e 31 de maio celebramos unha nova edición do Fin de Semana de Mulleres de Dodro, unha actividade pensada para fomentar a convivencia, o empoderamento feminino, o benestar e a formación en igualdade, traballando ademais na prevención da violencia de xénero.
Durante tres días, as participantes gozaron dun completo programa na Residencia de Tempo Libre de Panxón (Nigrán), que combinou actividades formativas, culturais e de lecer. Houbo visitas, dinámicas de grupo, charlas sobre igualdade e violencia de xénero, risoterapia, maxia para a reflexión e momentos de convivencia que permitiron fortalecer vínculos e compartir experiencias.
A valoración da actividade foi moi positiva, destacando a alta participación, o bo ambiente e o interese mostrado polas accións desenvolvidas. Iniciativas como esta contribúen a crear redes de apoio entre mulleres e a seguir avanzando cara a unha sociedade máis igualitaria.
ℹ️ Actividade subvencionada con cargo aos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
📸 Compartimos algunhas imaxes dos momentos máis destacados desta fin de semana tan especial.








Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies