12/03/2026
Programa Peme Innova 2026
Ábrese unha convocatoria de axudas para a prestación de servizos de apoio á innovación ás Pemes no marco do Programa Peme Innova 2026.
Os obxectivos de estas axudas é Mellorar a competitividade das pemes mediante a integración da innovación nas súas estratexias empresariais.
Proporcionar un diagnóstico asistido en innovación que permita analizar o nivel de innovación da empresa e detectar oportunidades de mellora.
Apoiar economicamente a implantación de solucións innovadoras identificadas nun Plan Personalizado de Implantación.
Poden participar pequenas e medianas empresas (PEMES) legalmente constituídas que desenvolvan unha actividade económica. Deben ter domicilio social ou centro produtivo na demarcación da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela. É requisito estar dadas de alta no IAE antes do 1 de xaneiro de 2024 e ter unha facturación mínima de 100.000 € na última anualidade. Terán tamén que estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non atoparse en situación de empresa en crise.
As axudas poderán empregarse en gastos asociados á execución do Plan de Implantación de solucións innovadoras realizado por provedores externos seleccionados pola empresa.
O orzamento máximo subvencionable por empresa: 7.490 € (7.000 € de custos directos + 490 € de custos indirectos). A intensidade da axuda é do 60 % do custo elixible cunha axuda máxima por empresa: 4.494 €.
O prazo de presentación de solicitudes, que se abre o vindeiro luns, rematará o 31 de maio. Tedes as bases da convocatoria no seguinte enlace
https://sede.camara.es/sede/santiago-compostela/tramites/TR0000006467
Máis información na Cámara Santiago de Compostela
Rúa República Checa 40
15707 Santiago de Compostela (A Coruña).
Teléfono: 981 596 800
Email: informacion@camaracompostela.com
Acceso a los trámites publicados por la Cámara de Comercio de España, los cuales se pueden solicitar de forma totalmente electóónica
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies