12/02/2025
Celebramos o Día de Rosalía en Dodro
Do 21 ao 23 programamos varias actividades para lembrar a Rosalía de Castro, a nosa poetisa máis famosa. 🖋️
O día 21 , as cinco e media da tarde na Casa da Cultura, “Os Cantares de Rosalía” con María Faltri. Un espectáculo musical, para público familiar, pertencente á Rede Cultural da Deputación.
Tamén o día 21 na Biblioteca Municipal, centros de ensino e servizos municipais repartiremos marca páxinas conmemorativos do Día de Rosalía. 🔖
Os días 21, 22 e 23 a tradición manda e nos establecementos hostaleiros do concello degustarase o “Caldo de Gloria”. 🍵
Participa na nosa programación para honrar Rosalía de Castro. ✒️
@daccultura
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies