18/02/2025
Hoxe as escolas rurais do CRA celebran unha xornada de portas abertas. Un xeito de mostrar o seu traballo e por en valor a importancia que para Dodro ten que se manteñan estes centros. 🏫
Os CRA, colexios rurais agrupados, son agrupacións de escolas unitarias da zona rural dun ou varios concellos que constitúen un só colexio público. No noso caso falamos do CRA Dodro Padrón, que como todos e herdeiro das antigas unitarias nas que creceron os nosos avós.
Os CRA combinan a autonomía das escolas unitarias que o integran cunha xestión unificada e pública. ✏️ 📐📏
O mellor dos CRA é que se manteñen pegados á terra, cerca da veciñanza e cunha relación entre profesor e alumnos, e entre profesor e familias, como non se atopa en outros modelos escolares. Unha relación e un xeito de educar moi noso e que foi capaz de ensinar a varias xeracións das que procedemos. 👨👩👦👦
📅 O vindeiro martes 25 repetirase esta experiencia de portas abertas no noso CRA. Será de novo de 16:15 a 18:15, nas escolas de A Ponte, Arretén, Bexo, Escravitude, Extramundi, Laíño, Lestrobe e Vigo.
Podes inscribirte para participar na seguinte quenda ou recibir máis información no 680168637 ou escribindo a cra.dodro.padron@edu.xunta.gal 📅
Ven visitalas. Non deixes que pechen as escolas do rural e aposta pola escola pública, aposta polo CRA!! 🏫
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies