19/02/2025
Este venres comezamos a programación do Día de Rosalía o facemos con música. O espectáculo “Os Cantares de Rosalía” de María Faltri poderá verse na Casa da Cultura ás cinco e media da tarde. 🌹
Esta peza forma parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña. A artista propón un espectáculo que bebe da obra de Rosalía de Castro. A voz de Faltri e a guitarra de Reynier Aldana convértense nun agasallo para as familias que queiran achegarse á obra da poeta. 🖋️
Poemas e cancións que forman unha acolledora sesión na que gozar da música e da palabra, pero sobre todo na que compartir e soñar. Unha viaxe emocional que deixará pegada en cada corazón presente. ♥️
Desde o concello animámosvos a participar de este espectáculo e celebrar a nosa poetisa máis famosa.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies