26/03/2025
🏛️ O concello de Dodro informa
O concello de Dodro abre a convocatoria de axudas de emerxencia social conforme as bases publicadas este luns no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. Están destinadas a situacións puntuais de necesidade tanto individual como por unidade familiar.
As bases poden consultarse no seguinte enlace
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/03/24/2025_0000001783.pdf
As axudas destínanse a resolver situacións de emerxencia, mesmo de forma complementaria a outros recursos ou prestacións que se poidan recibir. De estas axudas poden beneficiarse as persoas ou unidades familiares do concello de Dodro. 🆘
Están pensadas para a adquisición de alimentos, roupa ou produtos de primeira necesidade, menciñas, alugueres e subministracións de enerxía, axudas específicas para menores ou calquera outra necesidade distinta que terá que ser valorada polos servizos sociais do concello.
Os solicitantes terán que ser maiores de idade; estar empadroados no concello e ser residentes desde, polo menos, seis meses antes da data da solicitude e acreditar a situación de necesidade urxente. 😥
Tamén é preciso que a axuda teña un carácter complementario dentro dunha intervención social iniciada dende o departamento de servizos sociais coa persoa solicitante e a súa unidade familiar. Trátase de que a aportación sexa un apoio para chegar aos obxectivos que se marcaron na intervención. 👋
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies