Noticias e alertas

O concello de Dodro informa

03/04/2025

O concello de Dodro informa

A Xunta de Galicia, por medio da FEGAMP, ven de trasladar aos concellos unha serie de recomendacións relativas a evitar riscos e conflitos antes a presenza dos xabarís no entorno urbano.

No seguinte enlace tedes o texto íntegro e poderedes descargar o cartel e un díptico coas recomendacións. https://tinyurl.com/2cw3fa6h



Os principais consellos son observar a sinalización de zonas con presenza habitual de xabaril, seguir as indicacións e extremar as precaucións.



Non asustar aos animais, manter os cans atados e evitar que acosen ao xabaril. Non achegarse a eles e evitar correr. Manterse a unha distancia prudencial e deixarlles unha vía de escape en caso de ser necesario.



Non deixar bolsas de residuos fora dos contedores e deixar estes ben tapados.



Moderar a velocidade nas rúas e estradas nas que é frecuente ver xabarís. Colaborar coas autoridades e seguir as indicacións da Policía Local e Garda cCvil.



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies