Noticias y alertas

O servizo de madrugadores afronta a última semana antes das vacacións de Semana Santa

09/04/2025

O servizo de madrugadores afronta a última semana antes das vacacións de Semana Santa.

Unha época que todos, cativos e coidadores, agardamos para desfrutar da Pascua despois de meses madrugando e traballando duro. Esta semana fixemos un poliño saíndo dun ovo de Pascua... como corresponde á época do ano.

En madrugadores tamén seguimos exercitando o corpo ao tempo que xogamos como coas estatuas musicais o encesta a pelota. Todo para que madrugar sexa divertido. 💤

E, con motivo do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, dedicamos o noso momento de lectura ao conto “O meu irmán Luca”, unha fermosa historia que axudou a comprender mellor o autismo e a importancia da empatía e o respecto pola diversidade. 💙

Madrugadores é un dos servizos dos que estamos moi orgullosos en Dodro e de cando en vez hai que dicilo e hai que contalo. 😀



Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies