Noticias y alertas

Desde o concello aconsellámosche sobre reciclaxe

12/04/2025

Desde o concello aconsellámosche sobre reciclaxe

acerta co colector!! ♻️



O Concello de Dodro pon a disposición veciñal unha RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS co obxectivo de reducir os efectos negativos da xeración e xestión dos residuos na saúde humana e no MEDI0 AMBIENTE 🌎



As cifras de recollida tradúcense nun custo económico para as arcas municipais. Para o ano 2025, increméntase o custo por xestión de tonelada nun 20%. De 78 € a 108 € / tonelada. 🗑️



O Concello márcase como obxectivo reducir as toneladas recollidas para que este incremento no prezo teña a menor repercusión económica. E así poder destinar estes fondos a outros fins que redunden no benestar veciñal.



A REDUCIÓN da cantidade de lixo recollido pasa por realizar unha axeitada separación de residuos nos domicilios. Para así adelgazar as bolsas de lixo que se depositan no contedor “RESTOS”. 🚮



Desde o Concello estase realizando un esforzo para dotar de máis contedores dos diferentes tipos en todo o territorio municipal, rotar de localizacíón un punto limpo móbil, colocar contedores para entullos de obras domésticas e subministrar á poboación composteiros caseiros.



Un concello rural como o noso é unha oportunidade para realizar COMPOST que pode ser utilizado como fertilizante. ♻️



DATOS DE FRACCIÓN RESTO 2024

Nº toneladas recollidas - 699.710 T

Custo da xestión de residuos fracción resto - 60.468,18 €



ACERTA CO CONTEDOR DE FRACCIÓN RESTO



O contedor de FRACCIÓN RESTO, grazas ó compromiso de toda a poboación, será nun futuro o contedor que menos residuos recolla. Xa que todo o que se pode destinar a reciclaxe e todos os residuos perigosos deben depositarse noutros contedores.



QUE RESIDUOS SE PODEN DEPOSITAR EN RESTO?



Cerámica e louza rota.

Copas e vasos de cristal, cristais de ventá e espellos.

Compresas, tampóns, cueiros...

Papel e cartón sucios, papel plastificado, encerado...

Cintas de vídeo e de son , Cds, bolígrafos...

Xoguetes de plástico.



ACERTA, CADA RESIDUO NO SEU CONTEDOR



Necesitamos dun esforzo colectivo por parte de toda a sociedade para reducir, reutilizar e reciclar. Como responsabilidade social e de respecto polo medio ambiente.

Deputación da Coruña Concello De Dodro



Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies