19/04/2025
O concello de Dodro informa 🏛️
O pasado mércores celebrouse un pleno extraordinario no que se debateron os orzamentos de este ano, a nova Relación de Postos de Traballo e a delegación na Xunta de Goberno Local das competencias para fixar os prezos públicos de actividades municipais.
Esta delegación levábase coa intención de axilizar estes procesos xa que os plenos celébranse cada 2 meses e as Xuntas de Goberno cada 2 semanas. Xente de Dodro, Unidade Veciñal de Dodro e Partido Popular votaron en contra mentres que o BNG apoio a proposta do goberno socialista que pese a este apoio non conseguiu aprobar o punto.
A Relación de Postos de Traballo conleva un novo posto de arquitecto municipal a xornada completa e a regularización de tres postos de traballo, ocupados por traballadoras que xa están consolidados na plantilla. Estes traballadores pasan a ser empregados públicos co proceso de estabilización impulsado desde o goberno central no último ano. Esta RPT foi aprobada grazas aos votos do equipo de goberno socialista, do BNG e de Unidade Veciñal de Dodro. A PT necesita en calquera caso do financiamento dos novos orzamentos, do contrario non se poderá poñer en marcha.
Os orzamentos levados a pleno son os “únicos posibles” en palabras do alcalde, Xabier Castro, xa que incorporan o financiamento necesario para a RPT pero tamén para a parte que o concello ten que aportar para manter o Servizo de Axuda no Fogar xa que a parte da Xunta é insuficiente. Os orzamentos non foron aprobados ao votar en contra Xente de Dodro, Partido Popular e Unidade Veciñal de Dodro e só contou co voto favorable do equipo de goberno socialista e do BNG que os apoio “por responsabilidade”.
Tras o pleno o alcalde, Xabier Castro, vinculará os orzamentos a unha cuestión de confianza. Volverán a pleno e se decaen novamente a oposición disporá dun mes para presentar unha moción de censura. No caso de que non se presente, os orzamentos quedarán automaticamente aprobados.
Podedes ver todo o pleno no enlace a Youtube que vos deixamos aquí
Primeiro pleno EXTRAORDINARIO do 2025, para APROBACION dos ORZAMENTOS deste ano, mais a aprobación da Relación de Postos de Traballo do concello de Dodro
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies