24/04/2025
O concello de Dodro informa 🏛️
Xa está aberta a inscrición para a 5ª Camiñata Nocturna do Concello de Dodro, que será o Venres 30 de Maio e que está organizada polo colectivo Remonte e o concello de Dodro. 🚶
Este ano a SAÍDA (22:30) será dende o POLIDEPORTIVO municipal de DODRO Teredes que coller o voso dorsal entre as 21:00 e as 22:00. 🧭
O percorrido, circular de 12 Km., é de baixa dificultade e transcurrirá polas 3 aldeas da parroquia de Dodro. Haberá servizo de vestiarios e duchas. Ao finalizar a proba recibiredes un diploma e haberá chocolate quente con rosquillas de Lestrove. 🍫
Para formalizar a inscrición (prezo 5€) teredes de prazo ata as 20:00 horas do 27 de Maio ou ata completar as 150 prazas dispostas pola organización. (A Concellaría de Deportes de Dodro disporá de 50 prazas de balde para as/os veciños de Dodro e asignaranse por orde de inscrición). 📝
Terás que ter una mínima preparación física e traer una linterna ou frontal, unha mochiliña con tiriñas e cantimplora ( non se dará vaso no avituallamento).
Deixamos o enlace para a inscrición https://tinyurl.com/2cwpghyo
A imaxe é da edición 2024
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies