Noticias y alertas

O concello de Dodro informa 🏛️

08/05/2025

O concello de Dodro informa 🏛️



Unha unidade mobil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos estará o vindeiro día 21 no aparcadoiro do Centro Médico de Lestrove de 15:45 a 18:00 horas.



A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos é un organismo público dependente da Consellería de Sanidade. Cada día manteñen abertos locais de doazón nas sete grandes cidades e desprazan dez unidades móbiles na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e analizadas nas dependencias centrais. Deste xeito é posible enviar compoñentes sanguíneos a todos os hospitais galegos para atender a milleiros de doentes os 365 días do ano.



O obxectivo só é posible grazas á colaboración dos organismos públicos, concellos, medios de comunicación, centros docentes, empresas e asociacións de doantes.



Na situación actual, traballan cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e dos doadores de sangue. Así mesmo, dispoñen dun teléfono de información gratuíto para consultar dúbidas sobre a doazón de sangue e tamén sobre a localización das unidades móbiles que realizan as campañas de doazón (900100828).



Animádevos a doar, axudares a outros e calquera día axudaránvos a vos ou a calquera dos vosos. 🩸



Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies