02/06/2025
O concello de Dodro informa
O vindeiro día 7 na Romaría da Cruz do Avelán, a parir das catro da tarde, poderemos asistir ao espectáculo “O cego na feira”, pertencente á rede cultural da Deputación.
Dentro da nosa tradición, existe un personaxe que tivo unha grande importancia na cadea de transmisión, non solo oral, se non tamén escrita, de lendas, mitos, relatos, versos e incluso prosas; ese personaxe é o cego.
Aínda que moitos dos cegos da nosa tradición vivían de vender os pregos de cordel, onde aparecían as historias que eles mesmos relataban. Estaban acompañados musicalmente por violín, zanfona ou incluso acordeón; pero ademais sempre se acompañaban do seu inseparable lazarillo.
Xuntos, cego e criado, vendían as coplas que cantaban: romances e cancións, impresas nunha cuartilla de fino papel por veces de cores rechamantes, que penduraban de cordeis, de aí a súa denominación de literatura de cordel
Oli Xiráldez como Cego, e Gustavo Couto como Criado, levan dende 2017 animando feiras, mercadillos e festas cunha posta en escena de antano pero con tinguiduras de actualidade, letras modificadas e adaptadas os tempos actuais.
Vinde a desfrutar da Romaría do Avelán e dos cantares de cego. @daccultura
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies