03/06/2025
O concello de Dodro informa 🏛️
O próximo 20 de xuño, as oito da tarde no pavillón de deportes, proxectarase o documental “A loita final” dirixido por Enrique Banet e producido por Mabel Rivera. Un traballo que analiza os posibles efectos da implantación da planta de ALTRI en Palas de Rei, localidade que acolleu a súa estrea o pasado sábado, 12 de abril, na Casa da Cultura.
A plataforma Ulloa Viva e mais o colectivo Palas Viva explican que o documental xorde “a raíz da preocupación suscitada” polas posibilidades de que un proxecto da “envergadura” do proxecto industrial da celulosa portuguesa e Greenalia “se puidese realizar”.
O concello convida á vciñanza a acudir á proxección para coñecer algo máis de esta ameaza e reflexionar sobre as cnsecuencias para nosa terra.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies