Noticias e alertas

Lembrade que hoxe proxectamos o documental “A loita final” dirixido por Enrique Banet e producido por Mabel Rivera

13/06/2025

Lembrade que hoxe proxectamos o documental “A loita final” dirixido por Enrique Banet e producido por Mabel Rivera. Tanto o director como a produtora estarán aquí para falar do seu traballo. Será a primeira vez que se proxecte na comarca do SAR e será en Dodro.

Trátase dun traballo que analiza os posibles efectos da implantación da planta de ALTRI en Palas de Rei, localidade que acolleu a súa estrea o pasado 12 de abril, na Casa da Cultura.

A plataforma Ulloa Viva e mais o colectivo Palas Viva explican que o documental xorde “a raíz da preocupación suscitada” polas posibilidades de que un proxecto da “envergadura” do proxecto industrial da celulosa portuguesa e Greenalia “se puidese realizar”.

Esperámosvos no Pavillón Municipal a partir das oito da tarde para saber un pouco máis dos riscos que supón un proxecto como ALTRI e para conversar con Enrique Banet e Mabel Rivera. NO faltedes !!



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies