Noticias e alertas

O Festival Internacional de Narración Oral Atlántica volve a Dodro. Unha...

18/06/2025

O Festival Internacional de Narración Oral Atlántica volve a Dodro. Unha colaboración que comezamos no 2021, que cada ano acolle a máis espectadores e que en este 2025 propón dúas noites de contos e unha ruta pola nos historia máis antiga. 🗣️



O Festival Atlántica naceu no 2013, en Santiago de Compostela, e ten por obxecto a posta en valor do patrimonio cultural oral. Anualmente convoca a contadoras e contadores, de diferentes nacionalidades, da beira Atlántica. Este certame indaga nas raíces das historias do océano, na procura da identidade común do Atlántico e nas historias que se foron difundindo polos camiños do mar. 🌊



Neste ano 2025 terá lugar a décimo terceira edición do Festival e como nas anteriores, na primeira fin de semana do mes de xullo, na hora do serán, fará unha parada en Dodro, para o desfrute da comunidade local e de visitantes. 🎙️



Así o venres 4 será a quenda de Inés Álvarez Villa, contadora chegada dende Escocia, filla de asturiana. O seu espectáculo inclúe unha ruta previa realizado pola xente do baixo Ulla, entre a Cruz do Avelán e os Petróglifos de Bouza Abadín, onde terá lugar a narración. A ruta guíada estará a cargo do arqueólogo Manuel Sánchez. 🚶

O sábado 5 será Quico Cadaval quen agasalle o público cun feixe de contos e historias no singular escenario da Eira dos Hórreos da Lavandeira en Imo. Anotade as datas e non faltedes que pasaremos lista! 📅











Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies