Noticias e alertas

O concello de Dodro informa 🏛️

20/06/2025

O concello de Dodro informa 🏛️



Con motivo do 28 de Xuño Día do Orgullo, o Concello de Dodro organiza unha serie de actividades conmemorativas. 🏳️‍🌈



O venres 27, na praza do Concello, haberá un acto institucional ás 12:00h., coa lectura dun manifesto. 👬 👭

A continuación, as 12,30, na Casa da Cultura, celebrarase unha sesión informativa " Os retos do colectivo LGTBIQ+ no rural". Para asistir a esta charla é necesario inscribirse previamente no departamento de Servizos Sociais, teléfono 981802466.



Despois de levarse a cabo outras actividades como "Contacontos pola diversidade" na última semana do curso, está previsto que en setembro se convide ao alumnado do Eusebio Lorenzo Baleirón a unha sesión de cine. ⚧️



Con todos estes actos o Concello pretende dar visibilidade á diversidade e á loita pola igualdade.



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies