25/06/2025
Desde o concello de Dodro solicitouse formalmente da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) dependente da Xunta de Galicia o acondicionamento e limpeza das beiras das estradas AC-305 E AC-307 , que discorren polo Concello de Dodro. 🛣️
Este mantemento tería que ser feito regularmente pero desde hai meses a maleza crece e esta a xerar problemas de visibilidade en distintos puntos das mencionadas estradas. Hai poucos días entre os lugares de Tallos e Vigo tivo lugar un alcance entre dous vehículos pola saída á vía dun deles nun punto sen visibilidade pola maleza. 🚗
Desde o concello de Dodro alértase do perigo que supón este problema, non só para a circulación se non tamén para a posibilidade de que se produzan incendios. A finais de maio a Xunta anunciaba a limpeza en estradas das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra; en marzo chegaba ese coidado a concellos como Noia, Ordes ou Muros non tan afastados de Dodro polo que o concello reclama ser incluído en esas limpezas. 🛑
NO escrito enviado á AXI lembrase que as ditas estradas, son de titularidade autonómica e están xestionadas por ese organismo; e correspóndelle a este a súa conservación, tal e como fai o concello nas que son da súa responsabilidade.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies