26/06/2025
O concello de Dodro informa 🏛️
Antonte, publicáronse as adxudicacións das prazas da Escola de Verán do Concello de Dodro, no taboleiro de anuncios da sede electrónica.
Este ano a actividade, que é gratuíta, ten cinco quendas, dúas en xullo, dúas en agosto e unha na primeira semana de setembro, e participarán un total de 63 nenos e nenas.
A efectos informativos vai ter lugar unha reunión este venres día 27 de xuño, no Salón de Plenos do concello, ás 11 da mañá, á que poderán asistir as familias dos/as menores participantes en calquera das quendas.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies