Noticias y alertas

Lembrade que o Festival Internacional de Narración Oral Atlántica volve a Dodro esta semana, o venres 4 e sábado 5

01/07/2025

Lembrade que o Festival Internacional de Narración Oral Atlántica volve a Dodro esta semana, o venres 4 e sábado 5.



Unha colaboración que comezamos no 2021, que cada ano acolle a máis espectadores e que en este 2025 propón dúas noites de contos e unha ruta pola nos historia máis antiga. 🗣️



Este ano celebran a décimo terceira edición do Festival e como nas anteriores, na primeira fin de semana do mes de xullo, na hora do serán, farán unha parada en Dodro, para o desfrute da comunidade local e de visitantes. 🎙️



O venres 4 será a quenda de Inés Álvarez Villa, contadora chegada dende Escocia, filla de asturiana. O seu espectáculo inclúe unha ruta previa realizado pola xente do baixo Ulla; discorre entre a Cruz do Avelán e os Petróglifos de Bouza Abadín, onde terá lugar a narración. A ruta guiada estará a cargo do arqueólogo Manuel Sánchez. 🚶

O sábado 5 será Quico Cadaval quen agasalle ó público cun feixe de contos e historias no singular escenario da Eira dos Hórreos da Lavandeira en Imo. Lembrade: este venres e sábado, non faltedes que pasaremos lista! 📅

Se queredes saber máis deixamos tamén enlace a entrevista que fixeron en Lindeiros a Sole Felloza, fundadora do festival e que recoñece que a actuación en Bouza Abadín é que máis ilusión lle fai.

https://lindeiros.net/festival-atlantica-2025/



Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies