Noticias e alertas

Este venres e sábado celebramos un ano máis a “Inchadiña branca vela” en...

22/07/2025

Este venres e sábado celebramos un ano máis a “Inchadiña branca vela” en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro e a A.C. Dorna da Arousa.



Unhas vinte embarcacións tradicionais de todo o país uniranse nunha homenaxe das xentes do mar a Rosalía de Castro, e este ano tamén a Castelao, de quen se cumpren este ano 75 anos do seu pasamento.



Subirán desde a Ría de Arousa (Rianxo) ata o Ulla e o Sar embarcacións chegadas de todo o país: gamelas, galeóns, bucetas, un carocho, un bote de Ribadeo e dornas de distinto tipo (polbeiras, de tope, xeiteiras), chamadas pola Fundación Rosalía de Castro e a A.C. Dorna da Arousa, coa colaboración do Concello de Padrón, de Rianxo, de Catoira, de Dodro, de Rianxo e de Valga.



O día 25 de xullo ás 19 horas haberá un acto de homenaxe a Castelao por parte dos mariñeiros participantes diante da súa estatua en Rianxo, con izado de velas das embarcacións e colocación dos remos en sinal de respecto.



Esta actividade, que se celebrou por primeira vez en 2013 para celebrar o 150 aniversario da publicación de ‘Cantares gallegos’, xurdiu como iniciativa das xentes da cultura marítima para honrar a unha autora que en ‘Cantares’ falaba das dornas que subiran Ulla arriba no seu tempo.



¡Que inchadiña branca vela

antre os millos corre soa,

misteriosa pura estrela!

Dille o vento en torno dela!



Participar xa sexa como mariñeiros ou como espectadores, desfrutemos do noso !























Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies