Noticias e alertas

O concello de Dodro informa 🏛️

07/08/2025

O concello de Dodro informa 🏛️

O alcalde, Xabier Castro, reuniuse este mércores coa directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, para tratar o deseño dos servizos de autobús que conectarán o municipio con Santiago de Compostela e o Barbanza. 🚍



Entre as melloras deseñadas para Dodro e Padrón e trasladadas aos concellos, a directora xeral salientou a creación dunha nova liña Dodro-Santiago de Compostela que conectará as localidades deste corredor cos hospitais, polo que se eliminará a necesidade de que os usuarios empreguen os servizos lanzadeira que funcionan entre a estación intermodal e os centros sanitarios. 🏥



O proxecto tamén establece unha nova liña entre Dodro e Padrón que dará servizo ao alumnado de Dodro que estuda nos institutos de Padrón, o IES Camilo José Cela e o IES Macías o Namorado, en horarios adecuados ás xornadas lectivas dos centros. ⤴️



Nos encontros de hoxe, a Xunta recolleu tamén as valoracións dos concellos de cara a ultimar o anteproxecto de explotación que busca definir un sistema de transporte público máis adaptado á realidade da bisbarra. 🚌



Das xuntanzas deberá saír un anteproxecto que defina o modelo de explotación de cara a licitalo. A reorganización do servizo busca implantar servizos directos que reducirán os tempos de viaxe coa cidade, atendendo a principal demanda dos usuarios e as peticións das administracións locais.



A concesión que se licitará enmárcase no Plan de Transporte Público de Galicia, co que a Xunta trata de optimizar o actual modelo de xeito que conxugue as necesidades rurais e urbanas. 🛣️



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies