Noticias e alertas

O Concello de Dodro encara os meses finais do seu Programa Integrado de...

21/08/2025

O Concello de Dodro encara os meses finais do seu Programa Integrado de Emprego, un proxecto consolidado e de referencia na comarca, que este ano reforzou o sua presenza en Rois, Valga, Pontecesures, Padrón, Catoira e Dodro, formando unha ampla rede de apoio á inserción laboral na contorna.

O programa, é posible grazas á subvención de 220.000 € concedida por Resolución da directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, con data do 30/09/2024, ao abeiro do disposto na Orde do 28 de maio de 2024 (DOG nº 112 do 11 de xuño de 2024), e está dirixida a 100 persoas desempregadas pertencentes a colectivos con especiais dificultades de acceso ao mercado laboral, como mozas e mozos con ou sen cualificación, persoas con discapacidade, maiores de 45 anos, parados de longa duración, mulleres desempregadas ou persoas perceptoras de prestacións.

Durante esta edición ofréceronse preto de 900 horas de formación, distribuídas entre especialidades presenciais e de teleformación, cun enfoque claro nas necesidades reais do tecido produtivo da comarca, destacan os cursos de manexo de ponte guindastre e carretilla elevadora, os de servicios a comunidade como monitor de tempo libre, a actuación educativa dos monitores e monitoras no comedor e acompañamento en transporte escolar. Este ano como novidade fixose especial fincapé no sector sociosanitario ofertando cursos de estimulación cognitiva e enfermidades neurolóxicas, actividades básicas de rehabilitación nos maiores e fomación en primeiros auxilios.

Ademais da formación técnica, o programa inclúeu accións transversais como técnicas de coaching, motivación para a busca de emprego, obradoiros de habilidades sociais, preparación de entrevistas ou emprendemento. Isto complétase cunha intensa actividade de prospección empresarial, visitas a empresas da contorna, prácticas non laborais e intermediación laboral directa, a través dunha bolsa de emprego propia.

A filosofía do programa baséase na personalización dos itinerarios de inserción, ofrecendo orientación individualizada, titorización constante e un enfoque adaptado á realidade económica e social da comarca, onde sectores como o metal, a alimentación, o comercio e a hostalería seguen a ser motores de emprego.

O Programa Integrado de Emprego de Dodro demostra así a súa vocación transformadora, sendo unha ferramenta útil e real para mellorar a empregabilidade das persoas, con especial atención á igualdade de oportunidades, a formación práctica e a conexión directa coas empresas.























Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies