01/09/2025
O concello de Dodro informa 🏛️
Ainda quedan praza libres nos programas de conciliación 2025 / 2026 de MADRUGADORES e TARDES NO COLE, que forman parte do servizo municipal de conciliación BO DIA DODRO.
Estas actividades de conciliación contan con financiamento da Xunta de Galicia, a través do programa Corresponsables, e da FEMP.
O obxectivo é axudar ás familias a conciliar os seus horarios laborais cos horarios escolares, facilitando espazos protexidos para os/as menores.
Madrugadores desenvolverase nas escolas unitarias do CRA e no CPI, en horario de 8 a 9,30 (nos CRA) e de 8 a 9 (no CPI) e Tardes no Cole no CPI en horario de 14,15 a 15,45 os mércores.
Os lugares e grupos confirmaranse antes do inicio do curso escolar coa suficiente antelación, xa que dependen en cada lugar de que se acade un numero mínimo de participantes.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies