19/09/2025
Outubro será un mes moi especial na biblioteca en Dodro. Temos varias actividades, para publico infantil e familiar, nas que podedes inscribirvos xa que as prazas son limitadas debido ao aforo. 📚
A inscrición no 981802472 📞
Comezaremos o 10 de outubro co obradoiro creativo Bestiario animal, esculturas en papel con pedras de papel. Para máis de 6 anos. 🐦
O día 24 narración oral con Vero Rilo “E a ti.. que che contaban?”. Para máis de 3 anos. 📖
O día 31 Narración oral e música “supercoroza na eira e na lareira” con A Xanela do Maxín unha actuación da rede cultural da Deputación. Para máis de 5 anos. 🎶
Anótate, en outubro celebramos o Día Internacional das Bibliotecas.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies