Noticias e alertas

Os concellos de Dodro, Padrón e Rois, a través do Centro de Información a Muller, organizan a conferencia de Carmen Calvo sobre ...

05/10/2025

Os concellos de Dodro, Padrón e Rois, a través do Centro de Información a Muller, organizan a conferencia de Carmen Calvo sobre muller, igualdade e feminismo, e a presentación do libro "Nosotras.El feminismo en la democracia".

Será o vindeiro martes, 7 de outubro, ás 17.00 horas no auditorio municipal de Padrón.

Carmen Calvo Poyato (Cabra, Córdoba, 1957) é Doutora en Dereito Constitucional pola Universidade de Córdoba, onde exerce como profesora titular, e licenciada en Dereito Público pola Universidade de Sevilla.

Con ampla traxectoria política e institucional, foi vicepresidenta primeira do Goberno, ministra de Cultura e de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, así como presidenta da Comisión de Igualdade do Congreso.

Dende marzo de 2024 preside o Consello de Estado. Ademais da súa actividade académica e institucional, é unha recoñecida activista feminista, autora de numerosas publicacións e colaboradora habitual en medios de comunicación.



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies