Noticias y alertas

Arredor de 40 persoas asistiron á xornada micolóxica organizada polo Concello...

14/10/2025

Arredor de 40 persoas asistiron á xornada micolóxica organizada polo Concello de Dodro.

Un día soleado ideal para pasear polo bosque e que dou os seus froitos como se pode ver nas imaxes, a pesar de que non se esperaba recoller tantas. 🍄 🍄 🍄

A xornada comezou cunha charla de Saúl de la Peña quen fixo unha exposición moi entretida sobre o mundo dos fungos, e das setas. Xa na saída aos montes de Dodro, con comida incluída, foron atopadas gran cantidade de exemplares, que foron examinados polo experto para recordar os coñecementos aprendidos na primeira parte do día.

Agardamos poder repetir o vindeiro ano, e agora os asistentes xa están un pouco mais preparados polo que son mais coñecedores das setas que poderán recoller con seguridade. Asistiron veciños de Dodro, de concellos limítrofes, e mesmo de Pontevedra, Bertamiráns ou Mós.







Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies