Noticias e alertas

O concello de Dodro informa 🏛️

15/10/2025

O concello de Dodro informa 🏛️



Esta mañá realizouse un pleno extraordinario con un único punto do día, debater a aprobación do convenio de colaboración entre o Concello de Dodro e a Deputación da Coruña da encomenda de xestión de selección de arquitectos técnicos para concellos de menos de 20.000 habitantes.



A Deputación abríu esta posibilidade que permite aos concellos delegar o proceso de selección dun arquitecto municipal no ente provincial. A maioría progresista permitiu aprobar a contratación xa que Xente de Dodro e o Partido Popular votaron en contra da proposta pese a ser algo recollido na nova relación de postos de traballo.



O alcalde Xabier Castro destacou que a Relación de Postos de Traballo entrara en vigor o día 1 de outubro polo que esta era a forma máis áxil para cubrir a praza de arquitecto. Esta vía non esgota o proceso de selección dun arquitecto con praza no concello co que se seguirá.



Ante as insinuacións do grupo de oposición Xente de Dodro sobre o custo do arquitecto, Castro respondeu “esta partida está incluída nos orzamentos aprobados recentemente e ademais o concello na actualidade non ten que aboar o soldo que si recibía o anterior rexedor”.



O punto foi aprobado cos votos a favor do goberno socialista, Unidade Veciñal de Dodro e BNG. A continuación deixamos o enlace ao vídeo do pleno.

https://www.youtube.com/live/Osap1CqRpMM?si=GTmBBxzRWfru_4tS



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies